LuaSocial

Podes seguirnos nas redes sociais ou suscribirte ao feed.

¡Suscríbete a nosa web!

Recibe no teu correo as últimas noticias da páxina. Só ingresa o teu correo para continuar.

Aproveita todo o contido dixital do C.P. Divina Pastora: Imaxes, vídeos...
A canle dixital do teu centro educativo. Emisión en directo dos actos a realizar.
Ti tamén podes participar. Envíanos fotos, cartas, comentarios... Grazas!

TODOS AO TEATRO!

O equipo de innovación pedagóxica dos Xogos Florais, na súa cuadraxésima edicición quere convidar a toda a comunidade educativa e a todos os seguidores fieis deste blog a que acudades por primeira ou segunda vez ao Salón de Actos do Colexio Divina Pastora Franciscanas Ourense para verdes a representación de ¿BAILAS CONMIGO?, obra orixinal e dirección de Román Godás Ibáñez.
 
A obra é para todos os públicos e versa sobre os problemas de incomunicación entre xeracións de pais e fillos. Conta con música en directo e está ambientada na época actual. A obra ten unha duración de cincuenta e cinco minutos e terá lugar HOXE LUNS ás 19:30 h no citado espazo.
 
Os que acudistes a vela na estrea de investidura da Corte Floras do alumnado de 2º de bacharelato puidestes comprobar a calidade das composicións poéticas, desta vez serán lidas só as dos premiados así como o bo facer da Compañía Do Que Non Che Vos Hai, membro do elenco da actividade extraescolar de teatro do Colexio.
 
A entrada será quince minutos por orde rigorosa de capacidade.
 
BENVIDOS AO TEATRO UNHA VEZ MÁIS!


Segue a ler...

EMISIÓN EN DIRECTO: XLIV XOGOS FLORAIS (19.30H)

Se non tes a oportunidade de asistir aos XLIV XOGOS FLORAIS do Colexio (Acceso exclusivo mediante invitación), podes visionalo en DIRECTO en LúaTV.

Hoxe, venres 3 de Maio, ás 19.30 H comezará o acto e a súa emisión. Un Saúdo! 




Segue a ler...

Boas Novas: Recuperación do Sapoconcho en Galicia

Bos días!!!

Hoxe traio una boa nova para a biodiversidade galega. 
A Xunta de Galicia deu  luz verde ao Plan de Recuperación do Sapoconcho común ( Emys orbicularis ou galápago europeo), o réptil máis ameazado de extinción de Galicia, con soamente un centenar de individuos por hectárea nas catro zonas de Galicia nas que se pode atopar.



O sapoconcho común é un répitil eminentemente acuático que vive preferentemente en augas estancadas ou de corrente leve. Pódese encontrar en catro áreas do sur: na conca do río Arnoia, nos concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas; na cunca do Avia, en Ribadavia, Beade, Leiro e Cenlle, municipios todos eles de Ourense. Ademais, hai exemplares de sapoconcho nas Gándaras de Budiño, na conca do río Louro, en Porriño, Tui e Salceda de Caselas (Pontevedra), e nas pozas de Oliveira, no Parque Natural das dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregán e Vixán, no concello coruñés de Ribeira.
As causas principais da súa regresión son as capturas para a venda como mascotas, a morte en nasas de pesca, a existencia de especies exóticas invasoras nas súas áreas de presenza ou a fragmentación de brañas, especialmente nas Gándaras de Budiño.
Todos estes impactos, tanto sobre a especia como sobre o seu hábitat,  fan necesario tomar medidas para evitar a súa extinción en Galicia, a través dun Plan de Recuperación.
A catalogación do sapoconcho común (ou de calquera outra especie) como especie EN PERIGO DE EXTINCIÓN significa a prohibición de calquera actuación co propósito de darlle morte, capturalo, perseguilo ou molestalo intencionadamente. Tamén quedará prohibida a exposición para venda, importación ou exportación de exemplares silvestres, vivos ou mortos. Outro día veremos as catalogación das especies en función do seu estado de conservación e protección.

Agora xa sabes. Se te atopas cun expemplar de Emys orbicularis (Galápago europea ) ou Sapoconcho común, disfruta da sua presenza  pero respecta a súa vida eo seu hábitat.





Segue a ler...